Rábade entrega os premios aos gañadores do concurso de postais

LugoXa | TerraChaXa
A sesión contou tamén co espectáculo de maxia de David Méndez
entrega-premios-postais-rabade
31 Dec 2025

A alcaldesa de Rábade, Reme González, fixo entrega dos premios do Concurso de Postais Navideñas nas súas diferentes categorías. A maiores, todos e todas as participantes no concurso que se achegaron ao Centro Sociocultural recibiron un diploma. De feito estas postais gañadoras serviron para que o Concello felicitase o Nadal.

A sesión contou tamén co  espectáculo de maxia de David Méndez.

O certame contou con distintas categorías por idades. Na categoría dos máis pequenos, o primeiro premio foi para Ánxela Lage Iglesias, o segundo para Alba Fernández Santos e o terceiro para Nico Caamaño Parga. Na segunda categoría, o primeiro premio foi para Yanira Casanova Rábade, o segundo para Naia Beceiro Bouso e o terceiro para Sara Penelas López. Na categoría de maior idade, o primeiro premio recaeu en María Nogareda Sánchez, de 13 anos; o segundo foi para Iván Jesús Río Pernas, de 14; e o terceiro para Noa Engroba Bóveda, de 13.

⚙ Configurar cookies
0.093664884567261