Rábade fará o Entroido do centenario en dúas sesións


O Concello de Rábade celebrará o Entroido tradicional con dúas sesións, a primeira delas será a festa infantil o luns 3 de marzo de 17:00 a 20:30h no Centro Sociocultural, onde haberá música, xogos e moita diversión, tamén contarán con merenda para todos os asistentes.
O martes 4 de marzo será a quenda do concurso e desfile de disfraces na Prazuela a partir das 17:00 horas, aínda que as inscricións deben facerse ás 16:00 horas na mesma Prazuela. Esta festa estará amenizada por Francis DJ.
Ao remate do desfile e gracias á colaboración da Asociación de mulleres Águeda de Rábade, haberá unha degustación de sobremesas típicas do Entroido para todos os asistentes.
Os premios en cada categoría serán, na modalidade adulto, de 300 euros para o primeiro, o segundo de 200 e o terceiro de 100. Na modalidade adulto parella ou individual, o primeiro premio será de 100 euros e o segundo de 80.
Na modalidade infantil comparsas o primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 80, o terceiro de 60 e o cuarto premio estará valorado en 40 euros. Na modalidade infantil parella ou individual, o primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 80 e o terceiro de 50 euros.
Ademais, este ano, con motivo do centenario, haberá dous premios especiais de 100 euros.
