Rábade inicia o proceso para a reforma do Pxom
TerraChaXa
Membros do equipo de Goberno de Rábade mantiveron unha xuntanza coa Directora Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia para impulsar a reforma do Prxom nesta localidade.
16 Xul 2020
Membros do equipo de Goberno de Rábade mantiveron unha xuntanza coa Directora Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia para impulsar a reforma do Prxom nesta localidade.
"O Compromiso da Xunta con este proxecto tan necesario para o desenvolvemento de Rábade é fundamental e imprescindible, quedando este garantido pola propia Directora Xeral, en dita xuntanza", declarou o alcalde da localidade, Fracisco Fernández Montes.
O mandatario indicou tamén que esperan contar coa colaboración da Deputación Provincial, "comprometida no seu día, para en breves acometer este documento tan imprescindible para os rabadenses do futuro, e do noso territorio".