Rábade inicia o seu programa de Nadal

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade preparou unha ampla programación para este Nadal.
15 Dec 2023

O Concello de Rábade preparou unha ampla programación para este Nadal.

As actividades e eventos deron comezo o día 10 co acendido das luces de Nadal e rematarán o 5 de xaneiro coa Cabalgata dos Reis Magos.

Ao longo de todo o mes de decembro e principios de xaneiro haberá música, obradoiros, maxia, teatro, campamento infantil, a Don Silvestre Rabadense e un gran número de propostas para todos os públicos.

O Concello de Rábade recorda que a inscrición se pode facer na área de Cultura e Deporte. Todas as actividades son gratuítas.

A primeira actuación do programa é a representación teatral prevista esta tarde. Pero tamén está no programa a actuación de Ubú Teatro o día 21 e maxia con David Méndez o día 26.

No relativo a actividades infantís, haberá xogos e moitas actividades na Campa Rabaholandia, todas as mañás das dúas semanas de vacacións e as tardes dos días 27, 28 e 29. O último dos obradoiros será o día 2 de xaneiro, sobre repostería de Nadal.

Non faltan no programa dous clásicos, o torneo de futbolín, o día 23 e o Recheo de Nadal, o 22.

O gran acto final será a Cabalgata de Reis cun percorrido polas rúas desde as 17.00 horas ata a entrega de agasallos, ás 18.30.

0.2140531539917