Rábade non abrirá as piscinas e modificará o programa das festas

TerraChaXa
O alcalde de Rábade, Franscisco Fernández Montes, fixo un comunicado por redes sociais aos veciños, no que explica a decisión municipal de non abrir este ano as piscinas e anuncia unha serie de medidas.
2 Xul 2020

Fernández Montes, que agradeceu o comportamento da pobación durante a pandemia explicou que as normas que chegan dende a Xunta son moi dispares e que hai un alto risco de contaxio nas piscinas polo que decidiron non abrir este ano mentres non "estea máis controlada a situación".

Anunciou que malia esta decisión, os socorristas foron contratados igual e exercerán o seu trabaño na zona  do río Miño, concretamente na ponte de ferrol.

Así mesmo, o alcalde anunciou que as festas non se celebrarán da forma tradicional e manterán as celebracións máis destacadas adaptando o programa naquelas actividades que supoñan un menor risco de contaxio e evitando a concentración masiva da poboación.

0.17055892944336