Rábade: Nova alcaldesa do PP

TerraChaXa | LugoXa
Remedios González Cabarcos fíxose coa maioría absoluta o domingo 28 e rematou co goberno independente de 16 anos de Francisco Fernández Montes
remedios cabarcos alcalde rabade
8 Jun 2023

Remedios González Cabarcos fíxose coa maioría absoluta o domingo 28 e rematou co goberno independente de 16 anos de Francisco Fernández Montes.

CONCELLEIROS ELECTOS

◆ Remedios González Cabarcos (PP)
◆ María Pilar Dapena González (PP)
◆ José Luis Novo Teijeiro (PP)
◆ María Sandra Novo Penas (PP)
◆ Carlos R. González Cabarcos (PP)
◆ Francisco X Fernández Montes (IR)
◆ Ángel Manuel Lage García (IR)
◆ María José de Arriba Redondo (IR)
◆ Alejandro Martínez Campos (PSOE)

A marea de votos populares tamén chegou a Rábade e cambiou moito o conto. Tras 16 anos de Francisco Xosé Fernández Montes, o PP logra recuperar a Alcaldía da localidade logo de conseguir a maioría absoluta, un proceso que comezou no ano 2015, cando superou en votos aos independentes. Sen embargo, sempre quedou preto da maioría sen conseguilo e nesta ocasión así foi por moi poucos votos.

Tivo moito máis mérito a vitoria popular se se mira o feito de que se presentaron ata cinco listas para competir polos 9 asentos en liza. O PP chegou ata o 48,15% dos sufraxios mentres que os Independentes baixaron do 36,7 ao 32,87%.

Nesta mesma caída estivo o PSOE. O único concelleiro electo, Alejandro Martínez, volveu atopar respaldo suficiente pero non volverá revalidar a alianza con IR e tamén caeu en votos, do 15 ao 11 %”.

Os outros dous partidos non obtiveron representación. Por exemplo, o BNG obtivo un pequeno respaldo, 57 votos, para a candidatura de José Sangiao, a metade dos que tiveron os socialistas.

Mentres que VOX só reuniu 10 votos, e iso que Miguel Pardiñas levaba 9 persoas na lista.

Cunha elevada abstención para a localidade, Rábade contará a partir de agora cunha alcaldesa, Remedios González Cabarcos, que xa se presentara anteriormente e que fixo unha intensa campaña co apoio dos principais dirixentes do seu partido.

Neste sentido afirma que desde o grupo popular “haberá un compromiso de traballo e un inmenso esforzo por facer de Rábade unha referencia provincial en todos os sectores xa que ten o potencial para selo”. Entre a multitude de ideas do proxecto da actual voceira está a de investir en chan industrial “para atraer empresas e fomentar o emprego entre os veciños para evitar o éxodo a outras cidades”.

rabade1923
Rabade barras
0.17066597938538