Rábade organiza dúas actividades de verán para os máis cativos
O Concello de Rábade organiza dúas actividades que terán lugar nos meses de xuño e xullo.
Os campamentos urbanos que se desenvolverán divídense en dous grupos nos que haberá dúas quendas, do 8 ao 12 de xullo estará dirixido a nenos de 4 a 7 anos, e do 1 ao 5 será para os de 8 a 12 anos.
O horario do campamento será de 10:00h a 20:00h e o prezo é de 40 euros por neno. As inscricións poden facerse a partir do día 2 de maio na Área de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9 a 14 horas e haberá prazas limitadas.
O concello organiza tamén un Campus de Patinaxe que terá lugar os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño no Pavillón Municipal en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Neste campus os nenos de 4 a 15 anos fará adestramentos de técnica de patinaxe e multideporte en patíns, xogos tradicionais e xogos con material alternativo.
Todos os nenos que queiran participar deberán inscribirse no Departamento de Cultura e Deporte do Concello e haberá prazas limitadas.