Rábade organiza este ano o evento A Rabaca con concertos e espectáculos

TerraChaXa
O Concello de Rábade organiza este ano o evento A Rabaca durante o 11 e o 18 de agosto, en homenaxe a Federico García Lorca e Juana Capdevielle San Martín.
programa_tz.cdr
10 Ago 2020

O Concello de Rábade organiza este ano o evento A Rabaca durante o 11 e o 18 de agosto, en homenaxe a Federico García Lorca e Juana Capdevielle San Martín.

O 18 de agosto de 1936 producíronse dous sucesos que reflicten a peor cara da condición humana; en Granada prodúcese o asasinato de Federico García Lorca, e en Rábade prodúcese o asasinato de Juana Capdevielle San Martín, os motivos deses cruentos feitos son basicamente os mesmos, o seu compromiso a prol das liberdades e do espallamento da cultura,  compromiso reflectido no Proxecto LA BARRACA, encarnado por Lorca, e que permitiu achegar a cultura ós diferentes pobos daquela España.

En homenaxe a esta iniciativa, e a estas vítimas da liberdade, dende o Concello de Rábade queren poñer este ano en marcha o proxecto A Rabaca que recuperando este espírito, permita achegar diferentes actos culturais ás xentes.

Así, o día 11 na praza de España ás 22.00 horas haberá un concerto de La Penúltima, un tributo a Sabina en acústico. O día 12 ás 22.30 poderase desfrutar da película Maria Solinha na praza de España, e o xoves 13 ás 20.00 horas haberá un espectáculo cómico baixo o título Saaaabor.

O venres 14 Guadi Galego dará un concerto na praza de España seguido dunha sesión de luces pirotécnicas. E o sábado 15 haberá unha actuación dos Mariachis Galicia es México por diferentes lugares da vila comezando ás 13.30 na avenida de Vilalba, 14.15 na praza de España e 15.00 horas no campo da Feira. Xa pola noite será a Gala Lírica coa colaboración de Camerata Arven de Pontevedra e da Escola de Música Crisanto.

O domingo 16 tamén poderanse desfrutar varios concertos na praza de España, ás 13.15 horas o da Young Murajazz Big Band, ás 20.00 da Banda de Sons e Soños e ás 22.30 o festival de pop rock sinfónico a cargo da Banda Sons e Soños.

O lunes 17 o Mago Rafa fará unha actuación na praza de España ás 20.00 horas e xa por último o martes 18 ás 21.00 será a esperada ofrenda florar a Juana Capdevielle no seu monumento e acto seguido o concerto do cantautor granadino Raúl Alcover en homenaxe a García Lorca.

programa_tz.cdr
0.11184096336365