Rábade organiza un programa de conciliación para a Semana Santa dirixido á infancia

LugoXa | TerraChaXa
A proposta está dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos e desenvolverase entre o 30 de marzo e o 5 de abril
taller-semana-santa-rabade
17 Mar 2026

O Concello de Rábade porá en marcha durante as vacacións de Semana Santa unha nova edición do programa Talleando en Semana Santa, unha iniciativa pensada para favorecer a conciliación familiar e ofrecer actividades de lecer á infancia do municipio.

A proposta está dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos e desenvolverase entre o 30 de marzo e o 5 de abril. As sesións terán lugar en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, nas instalacións do Centro Sociocultural da localidade.

Durante esa semana, as persoas participantes poderán tomar parte en diferentes actividades pensadas para fomentar a convivencia, a creatividade e o exercicio físico. O programa inclúe talleres, xogos, baile, deporte, xincanas e outras propostas lúdicas co obxectivo de ofrecer un espazo de diversión e aprendizaxe durante o período non lectivo.

A participación na actividade será gratuíta. As familias interesadas poden formalizar a inscrición a través da Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade.

0.12238502502441