Rábade pinta xogos para nenos nas prazas da vila
TerraChaXa
O Concello de Rábade sorprendeu onte á súa xente pequena coa instalación de diversos xogos infantís de chan na praza do Concello, Campo da Feira, praza de España e na praza do Ceip Otero Pedrayo.
3 Xul 2020
O Concello de Rábade sorprendeu onte á súa xente pequena coa instalación de diversos xogos infantís de chan na praza do Concello, Campo da Feira, praza de España e na praza do Ceip Otero Pedrayo.
Estes xogos, moitos deles vellos coñecidos dos seus pais, están dirixidos a nenos de diferentes idades e teñen como obxectivo que os pequenos desfruten do aire libre e ao mesmo tempo fomenten a súa creatividade, a imaxinación e que serva como medio de socialización, aproveitando os diferentes espazos naturais que ten o Concello.