Rábade prepara unha completa programación para Nadal

TerraChaXa
O Concello de Rábade vén de preparar unha completa programación cultural para Nadal, dirixida a todos os públicos.
20191017DXALVisitaPol2
16 Dec 2019

O Concello de Rábade vén de preparar unha completa programación cultural para Nadal, dirixida a todos os públicos.

O 18 o Apalpador visitará a vila ás 17.30 para facer desfrutar de contacontos con música no Centro Sociocultural, ademais acenderase o alumeado de Nadal.

O venres, 20 de decembro, será o Musical do Nadal a cargo da Escola de Música ás 17 horas no Centro Sociocultural.

O día 21, a fortuna chegará ao Centro Sociocultural de Rábade da mán dos Recheos, que serán ás 19 horas, e ademais, haberá agasallos e chocolate con churros.

O domingo 22, Feireando cos nosos nenos, dará a coñecer a feira do pobo, as costumes ou a etnografía. Esta actividade será de 10 a 13 horas e está destinada a nenos de 4 a 12 anos.

O 27, a actividade Cociñando Xuntos xuntará a cativos de 4 a 12 anos coas Mulleres Águeda nun gastronómico obradoiro de 16 a 19.30 horas.

O sábado 28 de decembro, o baile do Nadal, unha actuación en directo, porá o apartado musical ás 22 horas co concurso Móvete a ritmo... e leva un xamón!

Os días 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro haberá obradoiros de paxelandia de 10 a 13.30 horas no Centro Sociocultural.

O día 31 chegará a cita deportiva coa Don Silvestre que percorrerá a vila de 11.15 a 12 horas.

Xa en xaneiro, o día 4 será o Encontro de corais do festival de panxoliñas, que será no Centro Sociocultural ás 18 horas. COntará coa Coral Polifónica Luar de Vilalba e o Coro Músico Crisanto de Rábade, Outeiro e Begonte.

Por último, o día 5 chegará a esperada Cabalgata de Reis, que fará un percorrido polas rúas do pobo, para mási tarde dar a benvida as sñuas Maxestades na praza do Concello ás 18.15 horas. Tamén haberá unha entrega de agasallos na igrexa parroquial ás 19.00 horas.

Captura de pantalla 2019 10 18 a las 9.53.30
0.20888304710388