Rábade comeza as súas festas

TerraChaXa
O Concello de Rábade desenvolverá as suás festas patronais entre o 10 e o 15 de agosto, malia que no día previo haberá lanzamentos das vésperas e se celebrarán as finais das competicións deportivas que se están a celebrar estes días.
rabafgolc
10 Aug 2018

O Concello de Rábade desenvolverá as suás festas patronais entre o 10 e o 15 de agosto, malia que no día previo haberá lanzamentos das vésperas e se celebrarán as finais das competicións deportivas que se están a celebrar estes días.

Como en anos anteriores, a festa terá o seu arrinque coa lectura do pregón, ás 21.00 horas do venres na Prazuela e que estará a cargo de Jesús Robles Crespo. Co descubrimento do Rei da Chaira polos cabezudos e os participantes na VI Edición do CantamosCHA e a churrascada popular darase paso ao Rabafolc, o festival folk por excelencia, que este ano chega á súa dedición número XXIV, o que mostra a gran tradición que ten esta celebración nestas festas patronais.

O cartel desta festa enxebre está pechado e este ano contará coa participación de Xosé Lois Romero & Aliboria, Treixadura e Liviao de Marrrao.

A música dará comezo ás 22.00 horas na praza de España da localidade nun espectáculo aberto a todos os públicos e totalemente gratuíto.

O sábado continuará a programación coa sesión vermú a cargo de Venezia tras o oficio relixioso. Pola tarde haberá a carreira de avós e netos (menores de 6 anos) O subidón dos avós, e ás 19:00 un partido de fútbol entre Enxebre Rabadense e CD Rábade de veteráns no Catro Ventos deixando paso a o concerto de Ensemble Concert ás 21.00 horas. A verbena estará a cargo de Venezia e Claxxon.

O domingo a sesión musical dará comezo na Prazuela coa actuación da Banda do Landro de Viveiro para deixar paso posteriormente á sesión vermú con Xacobeo.

Pola tarde festexarase un ano máis o Día da Bicicleta, e xa son XX edicións, con saída do Campo da Feira e chegada á Praza de España. Ao remate haberá sorteo de agasallos e chocolate con churros para todos. A noite estará a cargo de Xacobeo e Os Satélites.

As festas continuarán o luns co espectáculo Unha viaxe no tempo a través da música, a cargo da banda Sons e Soños. Pola noite, a partir das 23.00 horas, será tempo de rock cos concertos de Carta de Ajuste e El Mercado de Rosén, concerto patrocinado por Cafetería Ágora e A Cantina.

ESBATUXADA. O martes será o día da Xira Campestre ás beiras do Miño, unha tradición nas festas de Rábade. Como todos os anos, haberá unha carpa cuberta para todos os comensais e non se permitirá o acceso de vehículos á beira do Río agás para carga e descarga en horas limitadas. Pola tarde terá lugar á esperada Esbatuxada, o descenso do río Miño en embarcación de fabricación caseira, que dará comezo sobre as 17.15 da tarde.

Pola noite haberá verbena novamente, nesta ocasión ao cargo das orquestras Alianza e Pontevedra.

FIN DE FESTA. O mércores pecharase a programación das festas coa VI edición do CantamosCHA, a quedada de músicos profesionais ou aficionados á música tradicional galega, que se xuntan para cantarlle e tocarlle catro pezas básicas ó Rei da Chaira. Participarán a Banda do Calo de Santiago e a Banda Sons e Soños, que terá lugar na Prazuela.

Finalmente a orquestra Huracán farase cargo da sesión vermú e da verbena cunha sesión pirotécnica ás 20..30 horas que irá precedida de descargas de fogos artificiais progresivos durante a tarde cada dez minutos. Isto estará preceido polo percorrido do Rei da Chaiura dende o concello a Cantalarrana.

PAG_Rabade
0.17131900787354