Rábade presenta o cartel das Festas de Verán 2025

LugoXa | TerraChaXa
Culminarán o 17 de agosto coa celebración da Festa do Río (XXIII Esbatuxada), unha das citas máis populares
XXII-Esbatuxada-polo-Miño
5 Aug 2025

O Concello de Rábade xa ten todo preparado para celebrar as súas tradicionais Festas de Verán 2025 na honra a Santa María, que terán lugar entre os días 14 e 17 de agosto. O cartel, recentemente presentado, promete catro días de festa, cultura e lecer, con actividades para todos os públicos.

"Que mellor que arrancar agosto co avance do cartel das Festas de Verán 2025 do Concello de Rábade na honra a Santa María", anuncian desde o Concello, destacando unha programación que inclúe concertos, teatro, fogos artificiais, a tradicional Festa do Río, o Día da Bicicleta e unha nova edición do Rabafolk, entre outras propostas.

As celebracións arrancan o 14 de agosto coa actuación da Orquestra D'Noche e a discomóbil Chocolate, que animarán a primeira noite das festas.

O 15 de agosto, o protagonismo será para a XIX descarga pirotécnica, a representación teatral do CDG co espectáculo "Punto en Boca", o concerto do Grupo Pasión e unha sesión musical a cargo de DJ Ello, que pechará a noite coa tradicional sesión de fogos artificiais.

O sábado 16 de agosto será o día grande do Día da Bicicleta e da celebración do Rabafolk, que contará coa participación de recoñecidos grupos como Axeigo, Toléaches pola Peñeira, Tres Pesos, Tiruleque e Comando Curuxás, nunha xornada dedicada á música de raíz e á cultura tradicional.

As festas culminarán o 17 de agosto coa celebración da Festa do Río (XXIII Esbatuxada), unha das citas máis populares do verán rabadense, que contará cun concerto das bandas Sons e Soños e a animación dunha charanga para despedir os festexos por todo o alto.

O Concello anima á veciñanza e visitantes a gozar dunha programación diversa e pensada para todos os públicos, mantendo vivas as tradicións e apostando pola dinamización cultural durante o verán.

CONSULTA O PROGRAMA NESTE ENLACE

programa-festas-rabade
⚙ Configurar cookies
0.13798403739929