Rábade presenta un completo programa de Nadal

TerraChaXa
O Concello de Rábade preparou un intenso programa festivo para este Nadal, no que os nenos volverán ser os protagonistas.
programa nadal rabade portada
15 Dec 2021

O Concello de Rábade preparou un intenso programa festivo para este Nadal, no que os nenos volverán ser os protagonistas.

Así están previstos dous campamentos que teñen como obxectivo axudar a conciliar a vida familiar e laboral neste tempo de vacacións para os pequenos da casa.

O campamento HoHoLandia desenvolverase entre o 22 e o 31 de decembro (agás o día de Nadal e o domingo) en horario de 10 a 13.30 horas e está dirixido para pequenos de 4 a 12 anos.

Únese tamén o Insuasescola, un campamento medioambiental organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio que se desenvolverá entre as 10.30 e as 13.30 horas os días 27, 28, 29 e 30 na Casa das Insuas para nenos de 6 a 12 anos.

Así mesmo, están previstos no programa dous obradoiros, un de poesía con Carmen Conde, que se desenvolverá o 27 e 28 de decembro de 16.30 a 18.30 horas no centro sociocultural para público adulto, maior de 12 anos.

Carmen Conde realizará un segundo obradoiro sobre narración oral, que se desenvolverá o 30 de decembro de 16.30 a 18.30 horas no centro sociocultural para nenos de 4 a 12 anos.

Dentro do capítulo de actuacións destaca a celebración do X aniversario da banda de música de Begonte, Friol, Outeiro de Rei e Rábade, que se desenvolverá o 26 de decembro no IES Río Miño para todos os públicos. Proxectarase un documental e haberá un concerto de clausura.

Tamén contarán cos Contos de Nadal de Pedro Brandariz, o 29 de decembro ás 17.00 horas no centro sociocultural.

E xa en xaneiro, manteranse dúas citas obrigadas, os Recheos de Nadal, o domingo 2 de xaneiro con sorteo de agasallos e chocolate con churros, ás 18.00 horas tamén no centro sociocultural pero para público adulto; e a Cabalgata de Rei, o día 5. Para manter o protocolo covid, os pequenos deberán esperar no balcón ou ventá o paso da comitiva pero serán informados previamente por carta dos horarios.

Os interesados en participar nestas actividades deberán incribirse na área de Cultura e Deporte do Concello (982 390 062) previamente, xa que as prazas son limitadas.

programa nadal rabade
0.055706977844238