Rábade presentou á veciñanza a nova guía do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa
A alcaldesa de Rábade, Remedios González, participou na presentación dunha completa guía elaborada polo Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa, co apoio da Xunta de Galicia, para promocionar os recursos e atractivos turísticos dos seus dez concellos e propoñer un itinerario de catro días para coñecer os seus principais puntos de interese. No caso concreto de Rábade, a guía inclúe unha ruta polas Insuas do Miño, así como unha visita á ponte medieval.
A agrupación, na que está o Concello de Rábade, vén de asinar un convenio co Goberno galego para colaborar en accións promocionais coma esta, así como na organización de rutas turísticas, a divulgación de festas e eventos e outras iniciativas que contribúan a potenciar o turismo neste territorio que tanto ten que ofrecer.
A guía está dispoñible a través dun código QR para que as persoas interesadas en consultala a teñan accesible con tan só un click.
O evento, que tivo lugar no Restaurante Coto Real, contou con numeroso público.