Rábade protagoniza o sábado a VI xornada viaxeira do GDR

TerraChaXa | LugoXa
Despois do gran éxito das últimas xornadas viaxeiras, Rábade será este sábado a sexta xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.
presentacion ruta rabade xeodestino
presentacion ruta rabade xeodestino
23 Feb 2024

Despois do gran éxito das últimas xornadas viaxeiras, Rábade será este sábado a sexta xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.

Trátase dunha nova sesión na que se reunirá historia, cultura, natureza, gastronomía e música tradicional percorrendo Concello de Rábade. Ata o momento hai 184 anotadas para esta sesión que comprende paseo guiado, degustación de produtos locais e música tradicional.

Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose xornadas de presentación do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.

A inscrición para esta actividade é gratuíta, e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal e do teléfono 982 238 000

0.16305899620056