Rábade rematou un exitoso campamento de verán

TerraChaXa
Os nenos de 4 a 12 anos de Rábade desfrutaron este ano durante o mes de agosto dun campamento de verán diferente pola súa xestión das medidas hixiénico-sanitarias pero sen perder o seu programa de variedades.
37f32499 b55c 4058 be2e b58400dbd9b5
3 sep 2020

Os nenos de 4 a 12 anos de Rábade desfrutaron este ano durante o mes de agosto dun campamento de verán diferente pola súa xestión das medidas hixiénico-sanitarias pero sen perder o seu programa de variedades.

Así, durante as mañás, os cativos tiveron talleres de manualidades, de cociña, de medio ambiente, xogos predeportivos, de cooperación, tradicionais, musicais, busca de tesouros, festa de escuma, inchables, etc. Todos eles desenvolvéronse na contorna das Insuas do Miño, o Campo da Feira, o pavillón municipal e o centro aociocultural, entre outros

Este campamento está dentro do programa de fomento da conciliación Concilia en Rábade, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea e o Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.

Estes días estase a desenvolver tamén o tradicional campamento de patinaxe que tamén conta coas mesmas medidas de seguridade sanitaria e con menos alumnos por grupo.

b4e3ac72 3063 479e 9c95 59e7ede1eeb8
f3908722 3f8b 4bf0 ac8a 9e14d71fdc01
0.17238593101501