Rábade rende homenaxe ao atleta Javier Orejas tras completar os sete ‘Majors’

LugoXa | TerraChaXa
O seu último logro foi cruzar a meta do Maratón de Sidney, en Australia
recepcion-javo-orejas
11 Sep 2025

A alcaldesa de Rábade, Reme González, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao atleta local Javo Orejas, que vén de facer historia no mundo do atletismo ao converterse no primeiro lucense e un dos poucos galegos en completar os sete maratóns máis prestixiosos do planeta, coñecidos como World Marathon Majors. O seu último logro foi cruzar a meta do Maratón de Sidney, en Australia, culminando así un desafío deportivo ao alcance de moi poucos.

Na recepción oficial, o corredor presentou as medallas que lle acreditan esta fazaña, símbolo dun esforzo e dedicación que lle permitiron levar o nome de Rábade polos cinco continentes. A rexedora agradeceulle o xesto de compartir este éxito coa veciñanza e transmitiulle a súa felicitación persoal: “Para Rábade é unha honra contar cun embaixador deportivo coma ti. Grazas por levar o nome do noso concello ao máis alto nivel internacional. Es un orgullo para toda a nosa xente”.

Con este recoñecemento, o Concello de Rábade subliña o valor do deporte como exemplo de superación e como ferramenta para proxectar a vila no exterior.

⚙ Configurar cookies
0.27894401550293