Rábade rende homenaxe ao atleta Javier Orejas tras completar os sete 'Majors'

LugoXa | TerraChaXa
O seu último logro foi cruzar a meta do Maratón de Sidney, en Australia
recepcion-javo-orejas
11 Sep 2025

A alcaldesa de Rábade, Reme González, recibiu hoxe na Casa do Concello ao atleta rabadense Javo Orejas, quen finalizou o Maratón de Sídney e conseguiu sete "Mayors", un dos tres galegos e o primeiro lucense en alcanzalos.

O corredor, recén chegado de Australia, achegouse ata a Casa Consistorial coas medallas conseguidas na proba.

A rexedora agradeceulle o detalle e felicitouno por este novo éxito. "Grazas por levar o nome de Rábade ao máis alto do deporte internacional. Para nós es un orgullo", remarcou.

⚙ Configurar cookies
0.12158989906311