Rábade terá este domingo Festa dos Nenos e Xuntanza de Judo

LugoXa | TerraChaXa
Celebrouse a clausura das Escolas Deportivas cunha exhibición das diferentes modalidades
escolas-deportivas-rabade
Clausura das escolas deportivas de Rábade
1 Xuño 2024

Tivo lugar a clausura das Escolas Deportivas do Concello de Rábade cunha exhibición das diferentes modalidades deportivas no pavillón municipal.

Este curso participaron nas actividades preto de 100 nenas e nenos.

O Concello de Rábade agradeceu a alta participación e obsequiou a cada participante cun agasallo.

Ademais, os pequenos poderán desfrutar este domingo con dúas citas.  A primeira será a Festa dos Nenos que se celebra ás 17.30 horas no campo da feira, e se chove no pavillón. Haberá inchables, tobogáns e festa da escuma. Ademais repartiranse palomitas de 18.00 a 20.00 horas.

Por outra banda, o pavillón municipal da localidade contará tamén coa segunda edición da Xuntanza de Judo, na que participarán seis clubs, encabezados polo local. Será a partir das 10.30 horas da mañá. Tamén estarán presente Lvcvs Dojo, Lugokan, Muralla, JC Oleiros e Senra Villagarcia.

0.14355492591858