Rábade vive esta fin de semana a súa festa de San Vicenzo

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade celebra esta fin de semana o San Vicenzo cun amplo programa de actos, que tivo un prólogo o día 22 coincidindo do Día do Patrón, que houbo feira.
26 Xan 2024

O Concello de Rábade celebra esta fin de semana o San Vicenzo cun amplo programa de actos, que tivo un prólogo o día 22 coincidindo do Día do Patrón, que houbo feira.

Hoxe, 26, será o Día do Voluntariado. Os voluntarios e voluntarias que ao longo do 2023 colaboraran en alomenos dous eventos organizados polo Concello de Rábade están convidados a unha festa-cea como gratificación. Vaise celebrar no restaurante Coto Real, contando coa súa colaboración.

O sábado farase a XIX Exaltación de mexillón cunha degustación gratuíta polos bares da vila. Haberá sesión vermú coa orquestra Fuego. A partir das 16:30 horas celebrarase a carreira memorial Negrín. E xa pola noite a partir das dez haberá verbena de novo coa orquestra Fuego.

O domingo, de novo exaltación de mexillón polos bares da vila. Ás 10:00 horas vaise celebra o Torneo Xogade de Judo 2024 no pavillón municipal.

Ás 12:00 horas, actuación da Banda de Música Escola Infantil e ás 13:00 horas está prevista misa solemne cantada polo coro Músico Crisanto.

A sesión vermú será ás 13:30 co Grupo Fussion e ás 14:00 horas sorteo da campaña Merca no comercio local.

O Grupo Fussion fará ás 21:00 horas o seu segundo pase poñendo fin á festa.

0.19607305526733