Rábade vive esta fin de semana as Festas de San Vicenzo 2025

LugoXa | TerraChaXa
O venres de xaneiro comezarán os festexos co Día do Voluntariado, no que terá lugar o tradicional lanzamento de vésperas
festas-san-vicenzo-rabade
23 Jan 2025

Rábade celebra as Festas de San Vicenzo, que terán lugar os días 24, 25 e 26 de xaneiro. Este evento combina música, gastronomía, actividades deportivas e celebracións relixiosas, nunha aposta por manter vivas as tradicións e ofrecer propostas de lecer para toda a veciñanza.

O venres comezarán os festexos co Día do Voluntariado, no que terá lugar o tradicional lanzamento de vésperas.

O sábado 25 de xaneiro estará marcado pola XX Exaltación do Mexillón, cunha degustación gratuíta polos bares da vila, financiada pola Consellería do Mar. Pola tarde, ás 16:30, celebrarase a XXII Carreira Memorial Negrín, que reúne deportistas locais e visitantes. A festa continuará pola noite coa verbena a cargo da Orquestra Los Coleguitas, seguida da música da disco móbil Coco Music DJ Casanova.

O domingo 26 de xaneiro, ademais de continuar coa Exaltación do Mexillón, ás 12:00 celebrarase unha misa solemne cantada polo Coro da Asociación Músico Crisanto. Tras a misa, a partir das 13:00, terá lugar a animada sesión vermú coa actuación da Orquestra Zona Zero.

0.16611123085022