Rábade: Vox e BNG súmanse a unha disputa na que o PSOE foi chave para o goberno independente
Tres lexislaturas levan inamovibles en Rábade cos resultados electorais. Aínda que o número de votos total oscilou, o número de representantes que lles corresponden permanece estable desde 2011. O pastel repárteno entre PP e Independentes a partes iguais, con 4 concelleiros, mentres que o PSOE é a chave de goberno co seu único representante, Alejandro Martínez Campos. Este ano dúas listas máis preséntanse para coller un dos 9 concelleiros que se reparten en Rábade, un concello que conta con 1.500 habitantes. Unha é a do BNG, que nas últimas 4 lexislaturas non conseguiu representación. Completa a oferta Vox, nunha das oito candidaturas que se formaron na provincia.
INDEPENDENTES
O Goberno local leva funcionando en coalición entre os Independentes e PSOE. Francisco Xosé Fernández Montes leva ocupando o asento de Alcaldía desde o 2007 e preséntase novamente á reelección, o mesmo que fan os seus compañeiros no resto de partidos. O actual rexedor busca os votos que necesita para obter un concelleiro máis, que lle permitiría gobernar en solitario.
Os Independentes repiten os mesmos concelleiros que na anterior lexislatura, cun cambio no quinto posto pero tamén moi similar no resto.
Ese mesmo espírito de continuidade é o que como alcaldable que transmitir, sen perder de vista outros proxectos novidosos. Así, ten previsto crear un gran parque público nun terreo preto da igrexa co obxectivo de incrementar os espazos verdes. Tamén ten previsto celebrar no ano 2025 un gran acto para conmemorar o centenario do municipio cunha festa de recreación histórica.
Para o rexedor, un dos seus maiores logros destes últimos catro anos foi a recuperación do edificio e a contorna do antigo Cine Man, que pasará a ser un centro sociocultural; así como os traballos levados a cabo no barrio da Ponte, as melloras no servizo de auga e o parque da Praza Castelao.
PSOE
Alejandro Martínez Campos, que ocupa a Concellería de Deportes volve liderar o PSOE e, na outra parte, a popular Remedios González Cabarcos dirixe os destinos populares tras presentar unha nova lista.
No PSOE, mentres o líder segue definido, no resto de postos hai cambios. Así, Sandra Núñez Pin pasa a ser a segunda e desaparece da listaxe Álex Aido Lobato. O que é concelleiro de Deportes foi o encargado de sacar adiante con éxito as escolas deportivas, o ximnasio e servizo de apoio a iniciativas que foron crecendo, como o Máster de Futbolín.
PARTIDO POPULAR
Remedios González segue liderando, seguida de María del Pilar Dapena, pero cambia o resto da listaxe.
O seu obxectivo e o mesmo que os Independentes, romper esa pequena barreira de votos para sumar o concelleiro que lle outorgaría a maioría. Nos último comicios foi o partido máis votado co 43,02% fronte ao 36,78% da lista independente.
Neste sentido a candidata afirma que desde o grupo popular “haberá un compromiso de traballo e un inmenso esforzo por facer de Rábade unha referencia provincial en todos os sectores xa que ten o potencial para selo.”. Entre a multitude de ideas do proxecto da actual voceira está a de investir en chan industrial “para atraer empresas e fomentar o emprego entre os veciños para evitar o éxodo a outras cidades”.
BNG
Nesta ocasión, José Sangiao substitúe a Iván Sangiao á fronte do partido, que pecha a lista.
O candidato do BNG á Alcaldía de Rábade salientou “coas ideas claras, con capacidade e con entusiasmo, potenciaremos os espazos públicos, mellorando o espazo urbano cun modelo máis acaído para as persoas; o modelo BNG de política municipal é mellorar a calidade de vida da veciñanza”. E destacou ”queremos que as veciñas e veciños de Rábade sintan máis orgullo do seu concello, onde os seus servizos públicos, o seu benestar, a súa contorna formen un conxunto atractivo para poder desenvolver un proxecto de vida aquí, e o BNG é capaz de acadalo”.
VOX
Completa a oferta Vox, a cargo de Miguel Manuel Pardiñas Pérez, nunha das oito candidaturas que se formaron na provincia. Este Garda Civil é fillo de labradores e sempre estivo vinculado ao mundo agrícola. Tamén estivo en diferentes destinos e agora está xubilado.
Nas últimas cinco citas electorais, é a primeira vez que se presenta outro partido que non sexa un dos tres maioritarios e os Independentes.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
INDEPENDENTES
1. Francisco Xosé Fernández Montes
2. Ángel Manuel Lage García
3. María José de Arriba Redondo
4. Manuel Gómez López
5. María Paloma Carreira Uceda
6. María Isabel Vilar Rodríguez
7. Sara Legazpi Fernández
8. José Luis Lorenzo Obarrio
9. Jorge Antonio Barros Castro
Suplentes
1. María Ángeles López Reboredo
2. Carlos Fernández Iglesias
3. Jesyca Obarrio Vidal
PP
1. Mª Remedios Gonzalez Cabarcos
2. María Pilar Dapena González
3. José Luis Novo Teijeiro
4. María Sandra Novo Penas
5. Carlos Ramón González Cabarcos
6. Juan Baroja Ortiz
7. Víctor José Novas Pereira
8. María José Parga Regueiro
9. Juan Carlos Blanco Martínez
Suplentes
1. José Manuel Candal Veiga
2. José Ángel Vila Blanco
PSOE
1. Alejandro Martínez Campos
2. Sandra Núñez Pin
3. Antonio Gerardo Regueiro Roca
4. Sofía Fernández Piñeiro
5. Iván Lombao Gómez
6. María Teresa Vázquez Rey
7. Daniel Lago Barreiro
8. María José Ortiz Gómez
9. Miguel Ángel Vilar Rivas
BNG
1. José Sangiao Saá
2. Alejo Beceiro Méndez
3. María Mar Varela Rodríguez
4. María Carmen Piñeiro Quintana
5. Mónica Pernas Río
6. Manuel Fraga Vidal
7. Manuel Rivas Varela
8. Rosa María Martínez García
9. Iván Sangiao Darriba
VOX
1. Miguel Manuel Pardiñas Pérez
2. Alberto Arroyo Sánchez
3. Adrián Santana Galván
4. Rubén Rodríguez Río
5. Julio Eugenio Serrano Cereijo
6. David Martínez Aldea
7. Marcos Vicente García Varela
8. Francisco Daniel Ameijide Díaz
9. José Manuel Orrego Álvarez