Rábade xa elixiu as mellores postais de Nadal

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade xa ten gañadores e gañadoras do 14º Concurso de Postais Navideñas.
Cartel Guitiriz
24 Dec 2020

O Concello de Rábade xa ten gañadores e gañadoras do 14º Concurso de Postais Navideñas. O xurado, que estaba integrado por representantes do Concello, do Colexio Otero Pedraio e do IES Río Miño, elixiu as obras premiadas valorando principalmente a súa orixinalidade e creatividade.

Na categoría A, dirixida a cativos e cativas de entre 3 a 5 anos, Rodrigo Fabián Sangiao Carral levou o primeiro premio. O segundo e o terceiro foron para Xiao Montes Baamonde e Jheicob Óscar Fernández, respectivamente. Na categoría B, correspondente ás idades de entre 6 a 9 anos, o ouro foi para Helena Freire Villar, seguida de Francesca Jumilla Galati e Mara Fernández Sanmartín. Por último, na categoría C, de entre 10 a 14 anos, o mellor debuxo foi o de Josué Cortiñas Romero, seguido de Aarón Camaño Gómez e de Mateo Jumillia Galati.

A entrega de premios celebrarase o día 29 de decembro ás 18.00 horas no Centro Sociocultural. Alí, entregaranse aos premiados e premiadas vales por 60, 40 e 20 euros para gastar no comercio de Rábade e haberá diplomas para todos e todas. Dende ese día estarán expostas no Concello todas as postais navideñas do concurso ata o 15 de xaneiro.

0.25340008735657