Rábade xa ten gañadores do concurso de marcapáxinas

LugoXa | TerraChaXa
A entrega de premios farase o xoves día 20 de xuño ás 17:00 horas no centro sociocultural
premios-marcapaxinas-rabade
A listaxe dos premiados
14 Xuño 2024

O Concello de Rábade xa fixo público o nome dos gañadores e gañadoras do Concurso de Marcapáxinas convocado polo con motivo do Día das Letras Galegas.

A entrega de premios farase o xoves día 20 de xuño ás 17:00 horas no centro sociocultural por ser o día no que máis participantes poden estar presentes.

Na categoría A, o primeiro premio foi para Area Barreiro Barja, seguida de Yanira Casanova Rábade e Lucas Engroba Bóveda.

Na B foi Arosa Casanova Rábade a gañadora, seguida de María Fernández Rodríguez e Unai Vázquez Varela.

Finalmente, na categoría C, María Nogareda Sánchez fixo o deseño mellor valorado, seguida de Claudia López Pérez e Christian Castelo Purriños.

0.1711950302124