Rábade xa ten listo o seu programa para a festa de San Vicenzo
O Concello de Rabade acollerá a última fin de semana de xaneiro a súa tradicional festa de San Vicenzo, a primeira festa do ano para o Concello e na que se fai de forma conxunta a Feira de exaltación do Mexillón.
Este ano, o programa festivo arrincará o venres 24 de xaneiro cunha xornada adicada ao Voluntariado na que se celebrará unha cea de agradecemento aos voluntarios pola súa colaboración durante o ano na celebración de moitas das actividades.
O sábado será o día no que se fará a exaltación do mexillón polos bares da vila, exaltación que chega á súa edición número XVII. Todos os veciños e visitantes poderán desfrutar de múltiples e exquisitas preparacións deste molusco. O programa musical desta xornada contará coa sesión vermú a cargo da orquestra Trébol a partir das dúas e cuarto da tarde.
Pola tarde, ás 16.30 darase a saída ao XVI Memorial de Atletismo Eduardo Fernández Villamarín (Negrín). Finalizará a xornada coa verbena a cargo das orquestras Trébol e Amércia.
O domingo a programación dará comezo cunha misa solemne na honra do patrón co Coro da Asociación Músico Crisanto. Será a partir das 13.15 horas. Por suposto, continuarase co programa de exaltación do mexillón antes da sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Los Trovadores, a mesma que fará a verbena nocturna.