Raiolas vende obras de artistas lugueses para recadar fondos

TerraChaXa
A Asociación Riolas de Lugo, formada por pais e nais de persoas con transtornos do espectro autista, abriron unha mostra na Casa da Cultura de Vilalba que poderá visitarse ata o 28 de decembro.
11 Dec 2018

A Asociación Riolas de Lugo, formada por pais e nais de persoas con transtornos do espectro autista, abriron unha mostra na Casa da Cultura de Vilalba que poderá visitarse ata o 28 de decembro. Trátase dunha colección de 15 pinturas e unha esculgura doadas por artistas lugueses para axudar a recadar fondos a esta entidade de apoio ás familias.

As obras foron cedidas por Mastroiani, Juan PRada, Macía, Leandro Barea ou Bordel e están á venda polo que quen queira adquirilas pode contactar coa entidade a través do correo info@raiolas.org. Os prezos das pezas oscilan entre os 100 e os 500 euros e o recadado destinarase a asociación que o investirá no acondiconamento do local que ten alugado na rúa Música Falla.

0.1632821559906