Ramil celebra as festas na honra a Santa Mariña cun completo programa de música e tradición

LugoXa | TerraChaXa
Ao longo da fin de semana, os máis pequenos tamén terán o seu espazo de diversión con colchonetas inchables de balde
festas-ramil-castro
4 Aug 2025

A parroquia de Ramil, no concello de Castro de Rei, prepárase para celebrar as súas festas na honra a Santa Mariña cunha axenda cargada de actividades que se desenvolverán do 8 ao 10 de agosto de 2025. O evento contará cunha ampla variedade de propostas para todos os públicos, combinando tradición relixiosa, música en directo e gastronomía popular.

O venres 8 de agosto dará comezo a festa cunha churrascada popular de balde para todos os asistentes a partir das 22:00 horas. A continuación, terá lugar a primeira verbena da man do grupo La Hora Bruja, que será a encargada de animar a noite.

O sábado 9 de agosto comezará coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e dunha sesión vermú a cargo do Grupo Alba, que tamén protagonizará a verbena nocturna. Ademais, durante a xornada do sábado está prevista a actuación especial da cantante Judith Cundins.

O domingo 10 de agosto, día grande das festas, repetirase o esquema relixioso cunha misa e procesión ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú prolongada coa Charanga BamboLeo e o Dúo Belinda, que pecharán os festexos por todo o alto.

Ao longo da fin de semana, os máis pequenos tamén terán o seu espazo de diversión con colchonetas inchables dispoñibles de balde.

⚙ Configurar cookies
0.20796990394592