Ramón Chao cobrará protagonismo este domingo en Vilalba cunha homenaxe

TerraChaXa
Proxectarase un documental e presentarase o libro que recollen a súa traxectoria xunto a de Prisciliano
NOVO-CARTAZ-RAMON-CHAO
Cartel
27 Ago 2024

O domingo 1 de setembro, ás 19:00 horas, no auditorio municipal de Vilalba, nun acto organizado polo
Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Asociación Amigos de Prisciliano, terá lugar un acto de homenaxe a Ramón Chao, coa proxección do documental O camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano, do director de Celanova Aser Álvarez.

No mesmo acto levarase a cabo tamén a presentación do libro co mesmo título, e no que intervirán Iria Castro, Moncho Paz e Asier Álvarez.

O Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano

Están separados no tempo por 1.600 anos pero comparten valores e filosofía de vida. A rebeldía e o inconformismo de dous galegos que traballaron por unha sociedade máis xusta e igualitaria e que acreditaban que outro mundo era posible. Por unha banda, Prisciliano, o heterodoxo que viviu no século IV e que tan ben sintonizaba co pobo galego, combinando os cultos precristiáns e os saberes druídicos co cristianismo primitivo, denunciando a corrupción da xerarquía eclesiástica. E que precisamente por iso morreu decapitado, acusado de herexía, en Tréveris (Alemaña) no ano 385.

E por outra banda, Ramón Chao, o neno prodixio do piano, xornalista, escritor e intelectual, nado en Vilalba en 1935, infatigable activista cultural e político, que coordinou durante décadas a sección hispana e lusófona de Radio France Internacionale, autor de memorables libros e artigos e creador do premio Juan Rulfo, que morreu en 2018 e cuxas derradeiras teimas foron Prisciliano e o movemento altermundialista.

0.10276317596436