Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO de Galicia, apoiará mañá en Madrid os traballadores e traballadoras de Alcoa
A concentración terá lugar mañá xoves, a partir das 11 horas. As traballadoras e traballadores de Alcoa esixiranlle ao Goberno de España e aos deputados e deputadas que «aceleren o paso», porque «urxe» unha solución para a continuidade destas dúas factorías, pero tamén do conxunto do sector de industrias electrointensivas.
Representantes da Federación de Industria de CCOO tamén se reunirán o xoves co secretario xeral de Industria e cos grupos parlamentarios.