Ramón Villares recibiu a Medalla do Parlamento de Galicia

TerraChaXa
En representación de todos os veciños e veciñas de Vilalba, asistiu ao acto o concelleiro Eduardo Vidal
medalla-parlamento-ramon-vilares
8 Apr 2025

Ramón Villares recibiu en Santiago a Medalla do Parlamento de Galicia 2025 pola súa contribución á cultura e a historia de Galicia durante a súa traxectoria profesional.

En representación de todos os veciños e veciñas de Vilalba, asistiu ao acto o concelleiro Eduardo Vidal, xa que a celebración da Feira do Queixo San Simón da Costa impediu a presenza da alcaldesa, Marta Rouco.

Trátase dun recoñecemento "moi merecido para unha persoa moi querida en Vilalba e moi vinculada á nosa vila," afirmou Eduardo Vidal.

⚙ Configurar cookies
0.16178107261658