Rancaño espera a confirmación da Xunta sobre a modificación do proxecto da residencia
O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, celebrará estes días en Santiago unha reunión con representantes da Xunta de Galicia, para avanzar na tramitación do plan de construción dunha residencia de maiores na localidade.
O Concello vén de enviar o proxecto á unidade técnica da Consellería de Política Social cos cambios que solicitou este organismo en relación ao primeiro proxecto e que afectan ao tamaño das habitacións e cuartos de baño. Así mesmo enviou o proxecto de viabilidade económica porque será o propio Concello o que xestione esta infraestrutura unha vez construída.
O Concello espera recibir contestación sobre o estado do proxecto e a súa viabilidade. A residencia farase no edificio ubicado trala casa consistorial, edificiada ao lado do colexio para albergar un instituto pero que non tivo ese uso. Preténdese que acolla 54 residentes.
A futura residencia estará distribuída en dúas plantas e constará de 26 habitaciones na planta alta, todas exteriores e dúas individuais con baño na parte baixa, onde estará tamén a consulta médica, unha habitación de illamento con cuarto de baño, unha enfermaría, sala de rehabilitación e polivalente, os servizos e o comedor e cociña.