Rancaño espera o cambio de titularidade do servizo de aguas en Vilaronte para poder actuar

TerraChaXa
O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, explicou que a parroquia de Vilaronte conta con auga na traída aínda que carece de presión.
1 contador auga
30 Aug 2022

O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, explicou que a parroquia de Vilaronte conta con auga na traída aínda que carece de presión e que o proceso para incluíla na rede municipal xa está en marcha.

Segundo dixo, as dez casas de Vilaronte tiñan a propiedade do abastecemento de auga que se nutre de tres fontes propiedade particular. "Ao non renovar a concesión, quedaron nesta situación", dixo. Tamén engadiu que o Concello ten en estudo o proxecto para completar a rede de auga pero que ao ser propiedade da Confederación, o Concello non pode intervir. "Xa temos solicitada o cambio de titularidade para que o Concello se faga cargo e podamos facer a intervención", aclara.

O Concello xa fixo fai unha semana as primeiras análises da potabilidade da auga nos tres mananciais e están á espera de resultados. "Temos avanzado o traballo á espera de poder facer o cambio de titularidade. Se hai que clorala farémolo pero cando podamos actuar", remarca.

Rancaño recordou tamén que cando se faga o cambio haberá que poñer contador en todas as casas para seguir as mesmas normativas que o resto de veciños da localidade.

0.15962100028992