Rapaces do Monseivane aprenden sobre reciclaxe dentro da Semana Europea de Redución de Residuos
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco; a concelleira de Educación, Paula Vigo, e Ignacio Criado, concelleiro de Calidade Ambiental, estiveron no CEIP Monseivane de Moreda, Lanzós, para asistir ás actividades organizadas arredor da EWWR (Semana Europea para a redución de residuos).
“O obxetivo é crear conciencia entre os nenos e a mocidade sobre a importancia da redución de residuos, a reutilización de produtos e a reciclaxe de materiais; mobilizar a cidadanía e abordar as 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar”, explica a alcaldesa, Marta Rouco
Con charlas divulgativas, explícase ao alumnado como adquirir uns bos hábitos no noso día a día para reducir e reutilizar antes de ter que chegar a reciclar (utilizar bolsas reutilizables, comprar a granel, evitar o desperdicio de alimentos, reparar máis, lembrar pechar a billa nos aseos diarios...).
Os responsables das actividades inciden nos contedores de recollida selectiva e lembran a importancia dos puntos limpos e dos puntos limpos móbiles.
Como datos curiosos, os alumnos e alumnas aprenden o que se pode volver a converter en produto con materiais reciclables, por exemplo 8 caixas de cereiais fan 1 libro novo; 40 botellas de plástico PET, 1 forro polar; 80 latas de refresco son 1 llanta dunha bici e 6 briks de leite son 1 caixa de zapatos.