Reaberta ao turismo os concellos da Mariña agás Burela

TerraChaXa | LugoXa
Recen finalizada a reunión de hoxe coa Consellería de Sanidade comunican que os Concello de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo recuperan a mobilidade total a partir das 00.
dav
15 Xul 2020

Recen finalizada a reunión de hoxe coa Consellería de Sanidade comunican que os Concello de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo recuperan a mobilidade total a partir das 00.00 horas tras avaliar o Comité Clínico a evolución da situación do brote na Mariña.

Por outra banda, o Concello de Burela seguirá confinado xa que donde é a zona onde se concentran a maioría de casos activos de covid-19.

Igualmente continúan vixentes as medidas no uso de máscara obrigatoria na rúa, en espazos pechados e na praia, salvo para o baño. Quedan prohibidas as reunións de máis de 10 persoas e o aforo en actos culturais será do 50% ao igual que a hostalería ten hora de peche a medianoite, prohibición de consumir na barra e aforo limitado do 50%.

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, fai un balance positivo da decisión adoptada hoxe polas autoridades sanitarias de abrir ao turismo 6 dos 7 concellos que levan 10 confinados. Trátase de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo. Paleo amosa a súa solidariedade con Burela “mandámoslles o noso apoio aos compañeiros e compañeiras de Burela e a todos os veciños e veciñas cos que agardamos compartir unhas cañas en canto sexa posible. O que pasou nesa vila pode ocorrer en calquera lugar”.

0.16186881065369