Reabre a piscina de Vilalba despois do investimento de 260.000 euros na súa mellora

TerraChaXa
Cumprindo os prazos previstos, e despois dunha inversión de 260.
piscina vilalba
15 Out 2017

Cumprindo os prazos previstos, e despois dunha inversión de 260.000 euros, reabre este luns 16 de outubro as súas portas a piscina municipal de Vilalba. Así, a zona de baño será accesible a partir das catro da tarde.

Os usuarios poderán inscribirse nos cursos de natación dende as oito e media da mañá e ata o xoves 26 de outubro. As prazas son limitadas. En calquera caso, é obrigatorio formalizar a inscrición de forma presencial na recepción da piscina.

O curso do primeiro bimestre desenvolverase entre novembro e decembro; mentres que o segundo trimestre se establece dende xaneiro a marzo e o terceiro, de abril a xuño. En xuño e xullo desenvolveranse cursos intensivos.

Os prezos son de 75 euros por trimestre no caso de adultos que asistan 2 días, 60 para os nenos que asistan tamén 2 días e 30 no caso de asistir un só día á semana. No caso dos cursos intensivos, o prezo será de 35 euros ao mes.

0.11856508255005