Reabre a piscina da Pastoriza tras un estudo de seguridade

TerraChaXa
Despois de realizar un estudo de seguridade e desenvolver un protocolo que garanta a seguridade dos usuarios das instalacións os responsables da piscina pública da Pastoriza decidiron reabrir este mes de agosto.
61213385_2061096437530247_7116516533207040000_o
31 Xul 2020

Despois de realizar un estudo de seguridade e desenvolver un protocolo que garanta a seguridade dos usuarios das instalacións os responsables da piscina pública da Pastoriza decidiron reabrir este mes de agosto.

Malia que a piscina está aberta, estableceron unhas novas normas para convivir na mesma neste tempo de pandemia. Así, cancélanse os cursos de natación para nenos e nos de adultos redúcese o aforo. Ademais, os cursos daranse en dúas rúas para garantir a distancia de seguridade. Tamén modificaron a porta de acceso á piscina, á que se entrará pola de emerxencia e sairase pola principal.

En relación ao ximnasio, as máquinas estarán sinaladas cun cartel de operativa ou non dependendo de se están desinfectadas ou non despois do seu uso. Ademais, cambiáronse horarios e cursos co fin de non coincidir dous grupos no vestiario á vez.

Para facer uso libre das instalacións é necesario reservar praza, ben chamando ao teléfono da piscina ou a través do sitio web.

Todo o material utilizado almacénase illando o usado do desinfectado. Tamén teñen establecida unha ruta de circulación dos usuarios con espazos definidos que garanten a seguridade e distancia entre usuarios. Os traballadores usarán máscara e haberá xel hidroalcohólico ao dispor dos usuarios.

Por outro lado, os usuarios están obrigados ao uso da máscara dende que entran agás nos momentos de realizar a actividade. Ademais, deberán manter a distancia de seguridade e respectar a circulación imndicada e utilizar a propia toalla no ximnasio.

0.13492703437805