Realizan esta fin de semana un casting en Meira

O concello de Meira acollerá esta fin de semana un casting para un film que se rodará na Serra do Xistral.
Búscase o perfil dun home, de entre 45 e 60 anos, para o que non é necesario experiencia previa na interpretación.
Serán dez días de rodaxe, entre novembro e decembro deste ano, para os ensaios e a participación será remunerada.
As probas serán o sábado 17 nas oficinas de Gaitafilmes, na avenida de Lugo, ás 10.00 horas.