Realizan este mércores en Pol un curso de primeiros auxilios

Pol
TerraChaXa | LugoXa
A Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo, Afammer Lugo, ofrecerá un curso de primeiros auxilios en Pol.
13 Feb 2024

A Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo, Afammer Lugo, ofrecerá un curso de primeiros auxilios en Pol.

Este terá lugar o mércores 14 de febreiro, na biblioteca de Mosteiro, situada na praza de Galicia, entre as 17.00 e as 19.00 horas.

A inscrición é gratuíta. Para reservar praza ou consultar dúbidas, pódese facer no teléfono 629 250 817.

O curso englóbase dentro do Plan Corresponsables Afammer Lugo.

0.16075801849365