Realizan melloras en vías de acceso na parroquia de Distriz

TerraChaXa
O responsable de Infraestruturas Rurais no Concello de Vilalba, Modesto Renda, informou dunha nova mellora na rede viaria, desta volta na parroquia de Distriz.
obras parroquia distriz accesos
13 sep 2023

O responsable de Infraestruturas Rurais no Concello de Vilalba, Modesto Renda, informou dunha nova mellora na rede viaria, desta volta na parroquia de Distriz.

Concretamente, os traballos realizáronse nas vías municipais que dan acceso á Igrexa e ao barrio de Gondeboi e o obxecto dos mesmos foi a apertura e limpeza de cunetas, a pavimentación mediante doble e triple rego asfáltico e a colocación de nova sinalización vertical.

Renda que, coma sempre, quixo contrastar coa veciñanza da parroquia a actuación, lembrou a importancia de priorizar os proxectos pendentes de execución, ao tempo que se organizan e proxectan novas obras en beneficio dos veciños/as das parroquias.

0.080230951309204