Realizan na Casa das Insuas unha actividade de voluntariado con vimbio

TerraChaXa
Na Casa das Insuas, de novo, contarán coa cesteira Idoia Cuesta para a realización de distintas actividades ao longo do ano.
1
20 Xan 2019

Na Casa das Insuas, de novo, contarán coa cesteira Idoia Cuesta para a realización de distintas actividades ao longo do ano.

A primeira das actividades será os vindeiros 26 e 27 de xaneiro En Pé de Terra,  unha actividade de voluntariado para podar, tallar e replantar vimbio.   Estaremos no prado da ponte, cabo da Casa das Insuas (Rábade, Lugo) o sábado e domingo pola mañá, de 10:30 h. a 14:30 h. Participa un día ou os dous. Gratuito. Inscricións e info: casadasinsuas@gmail.com  ou no 680560882.

Colabora, aprende e leva material para replantar.

*Recoméndase traer roupa e calzado de traballo para o campo, adaptado a meteoroloxía, e, se tedes, tamén material de poda.

Máis adiante...

En febreiro, domingo 24: Obradoiro de estructuras de vimbio vivo. 

En marzo, venres 15: Cestaría de pequenas estruturas de vimbio en maceta

En maio:  Cestaría de marañas ao azar

En setembro: Cesto para setas

  • En novembro: Comedeiros e bandexas.
0.060766935348511