Realizan tarefas de desinfección no cárcere de Bonxe

TerraChaXa
A subdelegada indicou que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e a Brilat están realizando labores de desinfección en diversas intalacións situadas nos municipios entre os que se atopa Outeiro de Rei.
22 Abr 2020

A subdelegada indicou que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e a Brilat están realizando labores de desinfección en diversas intalacións situadas nos municipios entre os que se atopa Outeiro de Rei. Traballan en centros especialmente críticos situados nestes municipios como son residencias de ancianos, centros de persoas con discapacidade e o centro penitenciario de Bonxe.

Isabel Rodríguez destacou que se trata dun extraordinario traballo que está a levar a cabo o Ministerio de Defensa na provincia de Lugo, dentro da Operación Balmis, para protexer aos colectivos máis vulnerables da propagación do COVID-19.

A Breilat enviou onte a Outeiro de Rei un dos seus equipos de descontaminación para realizar as tareas de desinfección no centro penitenciario de Bonxe.

É a terceira xornada consecutiva na que estas unidades do Ministerio de Defensa actúan neste tipo de instalacións na provincia de Lugo. Desde o domingo, a Unidade Militar de Emerxencias e a Brilat fixeron tareas de desinfección nos concellos de Foz, Ribadeo, Viveiro, Mondoñedo, Castro de Rei e Chantada, centradas tamén en residencias de maiores de centros de persoas con discapacidade.

0.16037392616272