Realizarán en febreiro un novo curso de condución de competición

TerraChaXa
O circuíto de velocidade da Pastoriza acollerá os días 2 e 3 de febreiro un curso de formación de conductores de competición a través da Escola de Perfeccionamento e Técnicas de condución.
50275149_1512226642213934_4036268247392190464_o
25 Xan 2019

O circuíto de velocidade da Pastoriza acollerá os días 2 e 3 de febreiro un curso de formación de conductores de competición a través da Escola de Perfeccionamento e Técnicas de condución. Os encargados da formación serán pilotos de recoñecido prestixio do panorama nacional como Álvaro Nuñiz, Javier Grille, Iván Ares, Antón Fojón e Dani Berdomas.

Os interesados en participar poden anotarse a través do teléfono 650 367 521 ou no correo info@ptcescuela.com.

Estes cursos de condución están enfocados a aqueles pilotos que desexen perfeccionar a súa técnica de pilotaxe, a elaboración de notas, labores organizativas dun equipo de competición, etc.

O desenvolvemento destes cursos lévase a cabo ao longo de xornada e media, sábado completo e domingo ata a hora para comer. Nestes dous días revísanse os coñecementos a nivel técnicas de condución de cada un dos asistentes, tratando de puír e mellorar aspectos básicos e fundamentais como as mans, os trazados, o uso do campo de visión, freo e acelerador, control do vehículo a través dos pesos, etc.

Unha vez perfeccionada a base trabállanse técnicas máis específicas de condución como o uso do freo de man, pé esquerdo, abalos. Nestas xornadas os alumnos poderán ir mellorando a súa técnica acompañados de monitores especializados. Finalmente faranse tandas cronometradas para evaluar a progresión de cada un deles e sacar mellores conclusións achega da mejoría en cada caso particular. Os coches a empregar serán os dos propios alumnos, sendo obligatorio o uso do casco durante a celebración do curso en caso de estar equipados con barras antivuelco. Estes cursos requiren dunha atención moito máis personalizada, polo que o número de alumnos é máis reducido en función do número de monitores dispoñibles.

0.099602937698364