Realizarán un cribado masivo con PCR o domingo no Vicedo
Debido ao aumento de casos no municipio do Vicedo, o vindeiro domingo 24 de xaneiro a partir das 10 horas realizarase un cribado masivo con probas PCR entre toda a veciñanza.
Toda persoa que queira facer a proba deberá anotarse no teléfono 982 59 00 29, na extensión de servizos sociais, ata o venres 22 de xaneiro ás 15 horas, facilitando o número de DNI e o teléfono de contacto.
O cribado levarase a cabo no polideportivo municipal do Vicedo respectando todas as medidas de expansión do virus e mediante cita horaria para evitar aglomeracións.
Será imprescindible estar anotado para somerterse a esta proba.
O Vicedo ten unha incidencia superior ao 250 casos por cada 10.000 habitantes e, debido á escasa poboación, a súa incidencia acumulada de 21 casos preocupa, en especial porque este crecemento prodúxose nos últimos días.