Reama Friol organiza o sábado un novo mercado de segunda man

LugoXa | TerraChaXa
As persoas interesadas en participar poden deixar os obxectos ata o día 22 de agosto na tenda Deportes Asubío
mercado-segunda-vida-friol
20 Aug 2025

O parque Rosalía de Castro de Friol acollerá o sábado 23 de agosto, de 11:00 a 19:00 horas, a sexta edición do Mercado Segunda Vida, unha iniciativa organizada por Reama Friol que ten como obxectivo dar unha nova oportunidade a prendas e obxectos aos que outras persoas xa non lles poden dar uso. Só algúns artigos terán un prezo simbólico, xa que a finalidade principal é fomentar a reutilización e reducir o desperdicio.

Como novidade deste ano, o evento incluirá ás 21:00 horas a proxección dun documental sobre As Encrobas, que irá seguida dun coloquio para reflexionar arredor do seu contido. Ademais, durante a cita tamén se poderán degustar petiscos.

As persoas interesadas en participar poden deixar os obxectos ata o día 22 de agosto na tenda Deportes Asubío.

⚙ Configurar cookies
0.1660749912262