Reanudan os cursos de condución segura para particulares na Pastoriza

TerraChaXa
O circuíto da Pastoriza renova o 28 de xuño o seu programa de cursos de formación tras o peche que se mantivo durante o tempo de corentena.
102666333_2357524147684175_4560254985137991047_n
17 Xuño 2020

O circuíto da Pastoriza renova o 28 de xuño o seu programa de cursos de formación tras o peche que se mantivo durante o tempo de corentena. Así o primeiro curso de condición segura para particulares será o 28 de xuño, domingo. O curso desenvolverase con todas as medidas de seguridade e hixiene.

A principal característica deste curso é a personalización absoluta, dado que é o monitor, que sempre acompaña ao alumno, quen se vai adaptando ao nivel de cada un deles. Así mesmo pode realizarse as veces que se desexe porque a formación é continua e sempre se van introducindo novos conceptos e perfeccionando os anteriormente adquiridos.

O curso terá unha duración dunha xornada e dará comezo ás 9.00 horas ata as 18.00 con sesión teórica a primeira hora e dúas sesións de prácticas ás 10.45 e 15.30.

O participantes recibirán formación sobre posición de condución, manexo do volante en diferentes situacións, trazados e traxectorias, utilización correcta do freo e acelerador, sistema ABS, dinámica de pesos no vehículo e comportamento do vehículo (Sub e sobreviraxes).

Os que desexen inscribirse poden facelo a través do teléfono 650 367 521 ou no correo info@ptcescuela.com.

0.12481212615967