Recala en Burela a cuarta travesía Navega O Camiño

TerraChaXa | AMariñaXa
18 Xul 2019

A IV Travesía Navega el Camino recalou en Burela e o fixo co máis de 30 embarcacións atracando no porto cunhas 140 persoas a bordo, que están a facer o Camiño de Santiago por mar. A expedición saíu o pasado día 5 de xullo de La Rochelle, en Francia, e chegará a Compostela o 27 deste mes. 
Os participantes na Travesía desenvolverán diversas actividades na comarca, que están financiadas polo GALP A Mariña-Ortegal. O día 17 foi previsto un Showcooking ás nove da noite na praza de abastos de Burela, a carón do porto. O bonito será o protagonista desta cita, co que se elaborarán varias preparacións. 
O xoves, 18 de xullo, os navegantes levaron a cabo visitas guiadas ao mirador do Monte Castelo e á fábrica de cerámica de Sargadelos e á súa contorna. Iso pola mañá e pola tarde achegáronse ata a nave de redes, ao barco museo Reina del Carmen e á lonxa, onde ían asistir a unha poxa de peixe. 
Xa o venres, día 19, ás dez da mañá a organización preveu facerlles entrega do peixe para o Concurso de Cociña, desenvolvido na travesía Burela-Viveiro. Ás cinco e media da tarde ían ser as visitas guiadas ao Souto da Retorta e ao monte San Roque. E ás nove da noite no porto de Celeiro, a valoración por parte do xurado das elaboracións realizadas para o Concurso de Cociña e a posterior entrega de premios. 
Os navegantes xa pasaron por varios portos de Euskadi e Cantabria desde o inicio desta cuarta travesía e estes días atópanse na costa asturiana, antes de partir cara Burela. 

0.059875011444092