Recaudan fondos para os maiores da residencia de Castro de Rei nun mercado
TerraChaXa | LugoXa
Persoal da residencia de maiores San Xoán de Castro de Rei ten en marcha esta semana un mercadiño solidario, para recoller fondos cos que comprar agasallos para os aniversarios dos maiores do centro, así como para o Nadal.
4 Abr 2024

O mercado, que abriu o pasado luns, día 1 de abril, pechará as súas portas o venres 5 e nel pódense atopar unha variada colección de produtos. Pode visitarse na rúa Alcalde Emilio Sinde Nieto, diante do propio centro.