Reciben na Deputación a un grupo de alumnos do IES de Castro de Rei
LugoXa | TerraChaXa
Visitaron as instalacións da Produtora do Servizo de Audiovisuais
16 Jan 2025
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este xoves a un grupo de alumnos e alumnas do IES da Terra Cha José Trapero Pardo, de Castro de Rei, que coñeceu a Produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
Preto dunha vintena de estudantes puideron descubrir o traballo que se desenvolve nestas instalacións provinciais situadas no polígono lucense do Ceao. Visitaron o arquivo, a redacción, a sala de realización ou os diferentes platós. Rivera Capón deu a benvida aos mozos e mozas e aproveitou para informarlles dos ciclos superiores de realización e produción que ofrece o Centro de Formación Audiovisual da Deputación.