Recibido en Cervo o campión galego júnior de billar

TerraChaXa | AMariñaXa
22 Jul 2019

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, recibiron este mediodía no Concello a Nacho Fernández, veciño do municipio e recentemente proclamado campión Galego Júnior de Billar Pool na categoría bola 8, en Padrón; e terceiro no Nacional Júnior deste deporte na Categoría Bola 9, en Teo (onde acadou o podio a pesar de que era a primeira vez que desputaba unha competición deste nivel).
Nacho estivo acompañado polo responsable deportivo do club Deportivo San Cibrao, Juan Carlos Villar, entidade á que pertence.
Villares e Rodríguez quixeron felicitar ao rapaz por estes dous títulos tan importantes, e sobre todo pola súa capacidade de esforzo e sacrificio, que son “a base principal para poder chegar a conseguir logros como este no mundo do deporte”.
Nacho iniciouse no mundo do billar vai dous anos e medio grazas ao seu tío, que tamén practica este deporte; e combina os estudos cos adestramentos, tentando dedicarlle o máximo tempo posible, un mínimo de 8 horas á semana.
 
 
 

0.15572905540466